Rematou a festa

06/05/2012
By
Rematou a festa

No diario El País deste domingo hai un interesante reportaxe de Cristina Huete sobre cómo a política de enchufes do baltarismo está a afogar os orzamentos e reducindo á mínima expresión as posibilidades de inversión dos municipios da provincia de Ourense. Destacamos estos dous parágrafos adicados ao noso Concello e ao noso alcalde, un dos alumnos aventaxados da escola de Baltar:

“Un centenar de empleados temporales se reparte las tareas municipales con el personal fijo. Los sueldos consumen dos millones de euros mensuales: el 41% del presupuesto municipal, de 4,3 millones. La oposición alerta de que las arcas hacen aguas.”

“Eliseo Fernández mantiene en Pereiro su, políticamente rentable, modelo de gestión. A finales de 2011, el grupo socialista le reprochó el recorte en alumbrado navideño —el regidor seguía cobrando 50.000 euros mensuales (sic) (dietas aparte)—, la adquisición de un todoterreno de alta gama “para su uso exclusivo”, las contrataciones de “personal innecesario” y el consumo de “4,5 millones de euros en gastos corrientes” solo en 2011. Entre pagar al personal y los gatos corrientes, el Ayuntamiento de Pereiro consume el 72% de su presupuesto mientras se ve abocado a suscribir un crédito por 350.000 euros. No es la única deuda. El Ayuntamiento debe medio millón de euros al Estado del préstamo destinado al pago de proveedores. Fernández es diputado provincial —elevado a la categoría de responsable de Personal por el nuevo presidente de la institución— y su secretario municipal en Pereiro, Plácido Álvarez, es alcalde de Muíños y vicepresidente del mismo organismo provincial en el que José Manuel Baltar Blanco ha sucedido a su progenitor.”

Pode que unha das leccións que a crise nos deixe é que estes modelos de xestión (por chamarlles dalgunha forma) non son máis que pan para hoxe e fame para mañá. Na época das vacas gordas é moi fácil manter unha rede clientelar a base de intercambiar votos por traballo nos concellos ou na Deputación. Deste xeito temos tirado cantidades inxentes de diñeiro dos impostos dos galegos e mesmo procedente dos fondos europeos (xa veremos qué pasa coa investigación da Unión Europea, pero a cousa pinta moi, moi mal). A herencia de Baltar e os seus discípulos, como Eliseo Fernández, deixa unha provincia envellecida, empobrecida, con graves carencias de formación na población, e cunha industria cada vez máis desaparecida. En definitiva, unha provincia que perdeu o tren do progreso porque non conseguiu desprenderse destes modelos caciquiles propios do século XIX. Agora que xa non hai cartos, ¿qué nos queda? Pois por desgracia, para moitos só quedará o mesmo que quedou para os seus avós: a emigración. Vostede segue a tocar o trombón cos seus enchufados, Sr. Baltar, pero a festa xa rematou, e a resaca vai durar anos, moitos anos.

Podedes ler o artigo completo dende aquí.

Actualización: na información de El País hai un erro de bulto. Evidentemente, o alcalde do Pereiro non cobra 50.000 euros mensuales. Grazas a Gonzalo polo aviso.


A subida do IRPF afecta a 900.000 contribuintes galegos

05/05/2012
By
A subida do IRPF afecta a 900.000 contribuintes galegos

De seguido reproducimos unha nota de prensa relativa a unha resposta do Goberno á deputada ourensana Laura Seara, relativa a cómo afecta a subida do IRPF aos contribuintes galegos:

El Gobierno reconoce, en una respuesta parlamentaria  a la diputada socialista ourensana Laura Seara, que 873.886 contribuyentes se verán afectados en Galicia por el gravamen complementario de IRPF establecido por el Real Decreto-Ley 20/2011del Gobierno de 30 de diciembre de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria y financiera para la corrección del déficit púbico.

El Gobierno recaudará así de los contribuyentes gallegos 253,6 millones de euros más de IRPF que en ejercicios anteriores, lo que supone que cada contribuyente pagará una subida media de algo más de 290 euros.

La diputada ourensana Laura Seara destaca que, según se recoge en la respuesta del Gobierno, “los contribuyentes con menor renta y con rentas medias son los más afectados por la subida de IRPF del Gobierno de Rajoy”. Así, de los 873.886 contribuyentes en Galicia que pagarán más IRPF, 522.702 son aquellos cuya base liquidable se encuentra por debajo de los 20.000 euros, lo que supone casi un 60%.

 Sin embargo, apunta que, según asciende la escala de tramos liquidables, la subida de IRPF afecta a un menor número de contribuyentes. Así, del total de contribuyentes que pagarán más IRPF tan solo 1.794 son lo que tienen una base liquidable por encima de los 200.000 euros, lo que supone solo un 0,2% del total.

 “Esta medida, como todas las que adopta el PP y el Gobierno de Rajoy –incide la diputada socialista- afecta sobre todo a las personas con menos ingresos”.

 En este sentido, Seara recuerda además que, según otra respuesta parlamentaria del Gobierno a la propia diputada, esta subida de IRPF afecta en Galicia a más de 51.000 pensionistas, lo que supone que del total de contribuyentes en Galicia que pagarán más IRPF casi un 6% son pensionistas.

“Los pensionistas ven un día sí y otro también cómo el Gobierno aprueba medidas que merman gravemente su poder adquisitivo con mayores impuestos, pago por medicamentos, prótesis y transporte sanitario, y disminución en las ayudas por dependencia” – recalca Seara.

“El resto de ciudadanos –añade- ve cómo resulta más perjudicado cuanto menor es su nivel de ingresos y poder adquisitivo”.

“Los ataques del Gobierno del PP y de Rajoy al estado del bienestar no cesan” –lamenta.


Pregunta no Parlamento de Galicia sobre as depuradoras de Ourense

04/05/2012
By

O pasado 30 de abril, dous dos deputados do PSdeG no parlamento de Galicia, José Luis Méndez Romeu e Carmen Gallego Alvar, presentaron unha interpelación á Consellería de Medio Ambiente en relación coas depuradoras de Ourense, que reproducimos de seguido:

 


Fronte ao plan de recortes do PP, os socialistas do Pereiro presentamos un Plan Integral de Emprego

03/05/2012
By
Fronte ao plan de recortes do PP, os socialistas do Pereiro presentamos un Plan Integral de Emprego

O Plan de Axuste e Recortes que propón o grupo de goberno do PP no Pereiro de Aguiar suporía, ademáis de deixar de prestar unha serie de servizos aos veciños e veciñas, o despido de seis traballadores municipais. O noso grupo no Concello non se resigna a estas medidas carentes de imaxinación que se basean no de sempre (recortes e máis recortes), e polo tanto presentou unha relación de programas e propostas para dinamizar o emprego no noso municipio: unha bolsa de emprego municipal, bonificacións en impostos e taxas ás empresas do Parque Empresarial ao contratar parados do Pereiro, un programa de emprego dirixido ás mulleres, un programa de fomento do emprendemento, etc.

Dende este enlace podedes descargar a nosa proposta de Plan de Emprego.

 


En contacto coas asociacións de veciñ@s

20/03/2012
By

Estes días estamos a contactar coas asociacións de veciños e veciñas do noso Concello co fin de lembrarlles que estamos á súa disposición e a de todos os seus asociados, para dar traslado ao equipo de goberno do Concello das cuestións que necesiten.


Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar do copago en Galicia”.

18/03/2012
By
Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar do copago en Galicia”.

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiulle ao Presidente da Xunta que “deixe de enganar aos galegos e clarifique con rotundidade a súa postura sobre a implantación do copago sanitario en Galicia”.

Neste senso, Fernández demandoulle a Feijoo que “se aclare dunha vez, xa que non é unha actitude responsable dicir en Galicia que non vai a implantar o copago, para despois reunirse con Presidente do Goberno e afirmar que calquera fórmula de copago pode ser valorada co fin de garantir a sostibilidade so sistema sanitario público galego”.

O responsable de sanidade asegurou que “o sistema sanitario galego é perfectamente sostible e Feijoo o sabe, por iso opta pola privatización da sanidade, para que as empresas fagan negocio, en vez de mellorar a súa xestión”

Deste xeito, Fernández denunciou que “a Xunta de Galicia acaba de gastar preto de dous millóns de euros nunha campaña publicitaria relativa ao uso dos xenéricos” e reivindicou que “con estes dous millóns se poderían construír catro centros de saúde dos 19 que Feijoo prometeu o inicio da lexislatura, e dos que se licitaron e adxudicaron dous. Tamén con estes dous millóns se poderían cubrir as baixas do persoal sanitario, que non se están cubrindo”.

“Feijoo volve a enganar aos galegos cando asegura que non vai a implantar en Galicia o cobro por receita. Os socialistas estamos convencidos de que unha vez remate esta época pre electoral o Goberno galego se sumará a esta medida”, e lembrou que “o cobro por receita se impuxo en Cataluña co beneplácito do Partido Popular, que se abstivo na votación permitindo que se aprobase dito copago”.

Na mesma liña, o responsable socialista esixiulle ao Presidente da Xunta que “clarifique si ten pensado cobrarlle aos cidadáns polos servizos non sanitarios, pero necesarios e que forman parte da propia asistencia, como son as comidas, ou o aseo, tal e como xustificou nunha entrevista feita a un medio de comunicación”

Fernández reclamou un “cambio de rumbo na política sanitaria galega” xa que denunciou que “ a mala xestión por parte do goberno de Feijoo está a provocar un progresivo deterioro asistencial con 350.000 galegos a espera dunha intervención quirúrxica, unha primeira consulta no especialista o unha proba diagnóstica.

“Por todo isto, unha vez máis esixímoslle ao Presidente da Xunta que se poña a xestionar dun xeito responsable a sanidade galega, xa que esta é perfectamente sostible sen necesidade de copago”, concluíu.

Fonte: PSdeG


Nova páxina no Facebook

18/03/2012
By
Nova páxina no Facebook

Como moitos/as sabedes, a nosa agrupación ten un perfil en Facebook no que compartimos novas e información en xeral. Dende fai uns días temos aberta unha páxina en Facebook que, pouco a pouco, sustituirá ao perfil existente ata o de agora, que era de tipo persoal. Para poder seguir as nosas actualizacións nesta rede social só tedes que premer no botón “Me gusta” que vedes na parte dereita desta páxina.


A culpa é de González, Zapatero e Touriño

10/02/2012
By
A culpa é de González, Zapatero e Touriño

Nunha entrevista publicada hoxe no Faro de Vigo, o recentemente coroado Baltar II déixanos perlas de gran estadista como que “todos tenemos que entonar el mea culpa por la situación en que está Ourense”. Recoñece que “quizás no se hizo todo lo posible”, en referencia aos gobernos de Fraga na Xunta e o seu propio pai na Deputación. Pero por suposto, os malos malvadísimos con esta provincia e causantes de todos os seus males de paro, abandono do rural e envellecemento son… Felipe González, Zapatero e Touriño. Menos mal que aquí tivemos durante máis de 20 anos a Baltar I para acoller no quente seo da Deputación a todos os desheredados, perseguidos e marxinados polos máis desalmados xinetes do Apocalipse que os tempos viron.

Hai que ter o rostro de cemento…

Ver entrevista no Faro de Vigo


Comeza o reinado de Baltar II

09/02/2012
By
Comeza o reinado de Baltar II

Pois nada, xa temos aquí a Baltar II, que esta semana herdou o cargo do seu pai, Baltar Pumar. Os catorce deputados provinciais, incluido o alcalde do Pereiro de Aguiar e o secretario do Concello e alcalde de Muiños, votaron unánimemente no pleno da Deputación. En contra votaron os sete deputados do PSOE e os dous do BNG.

A historia sería mesmo cómica senón fose que o que está en xogo e unha administración pública cun orzamento superior aos 70 millóns de euros no 2012, que procede dos impostos de todos os cidadáns, e que se leva dirixindo e xestionando dende hai máis de 20 anos como se dun reino de taifas medieval se tratase (fai uns días coñeceuse que o fillo do alcalde de Muiños e secretario do Concello aprobou recentemente unha oposición na Deputación, e xa son incontables os fillos, primos, cuñados, maridos e mulleres de militantes do PP que conforman a descomunal e absurda plantilla dun organismo que pagamos entre todos).

Foto: El País

Ver noticia en El País

 


Hay otras formas de ahorrar

10/01/2012
By
Hay otras formas de ahorrar

El grupo municipal socialista recordó al alcalde de O Pereiro, las pasadas navidades, que el recorte en el alumbrado navideño por razones de “austeridad” no es más que demagogia barata, pues si de verdad se pretende ahorrar se podría comenzar por su dedicacion exclusiva (50.000 euros/año sin incluir dietas y otros conceptos), el todo terreno de alta gama para su uso exclusivo, el gasto corriente, las contrataciones de personal no necesario, etc. No olvidemos que en 2011 se han gastado 4,5 millones de euros en reparaciones de vehículos, material de oficina, electricidad y demás gastos corrientes a los que no se ha puesto precisamente freno.

Por otra parte, tampoco hay que olvidar que después de más de tres años sigue sin ponerse en marcha la depuradora del parque empresarial, y que el Centro de Día sigue cerrado a cal y canto. ¿También es por austeridad?

Ver noticia en Ourense Dixital

 

Foto perteneciente a la galería de harold.lloyd compartida con licencia Creative Commons